viernes, 20 de diciembre de 2024

TODA GALICIA XA E IXP CASTAÑA DE GALICIA-20 de decembro de 2024

20 de decembro de 2024
Hoxe e un día único!🌳🌰👌
Conseguiuse algo historico, pois logo da creación da IXP Castaña de Galicia no ano 2009, ata 2024 non se fixo ningunha ampliación da delimitacion xeográfica.
E dicir, pasaron 15 anos para conseguir eliminar as "fronteiras" que delimitaban aquelas zonas IXP doutras zonas que non estaban ao amparo do selo CASTAÑA DE GALICIA.
Esto significaba, por exemplo, non estar en igualdade de condicions a hora de solicitar axudas para plantacións ou recuperación de soutos, e non poder realizar a comercialización de castañas ou de productos de castaña co selo CASTAÑA DE GALICIA, entre outras moitas cousas.

Asemade, fora da delimitacion da zona xeografia que delimitaba a IXP, era mais complicado animar a xente a plantar ou cuidar os soutos, porque pensaban que as castañas eran de peor calidade que as da zona IXP ou que poderian ter peor salida comercial, entre outros motivos.

E un logro conseguir que toda Galicia forme parte da IXP CASTAÑA DE GALICIA. 
Pensamos que e un orgullo poder lucir o selo da IXP Castaña de Galicia en tantos productos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida 

Deixovos o enlace o DOGA

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241220/AnuncioG0528-111224-0002_es.html?fbclid=IwY2xjawHSuw9leHRuA2FlbQIxMQABHYMPdVjpym0piU9q2H53wQUhnjFmqabkne04_ra5Dw5aLgANe7BzywMEyA_aem_H1KTlm8M_FyXTz92jsQ2WQ



BOAS FESTAS E MELLORES COLLEITAS. NADAL 2024

Este e o noso desexo dende a Asociación Galega das Castañas 🌰 e dos Soutos 🌳🌰

Segue o Instagram da Asociación 
@castanasesoutos

Asociate enviando un correo a castanasesoutos@gmail.com 
🌳🌰💪

lunes, 9 de diciembre de 2024

XXV FESTA DA PISA DA CASTAÑA. FROXAN. O COUREL

Pablo Antonio Fraga Gontán, en calidade portavoz, socio fundador e Presidente da Asociación GALEGA DAS CASTAÑAS E DOS SOUTOS agradecelle a Asociacion Fonte do Milagro, a oportunidade de poder facer a presentación oficial de dita Asociacion nunha festa das que se cumplen 25 anos de historia

A Festa Da Pisa de Froxan mestura tradición, cultura e gastronomía, pretendendo manter viva a esencia e o valor etnográfico dunha práctica centenaria, o secado e pisado da castaña.

As castañas e os soutos son parte da historia de Galicia, incluso atreveriame a dicir historia de España, porque nunha festividade nacional coma e o día de Todos Os Santos e tradición comer castañas.

As castañas pasaron de ser un alimento básico dende a Idade media a ser denostadas por quitar a fame, e volveron a rexurdir de moitas formas, castaña cocida, pure de castaña, e incluso coma delicateseen en forma de Marron Glace, inda que so supoña o 1%. Fora como fose, o aroma inconfundible a castaña asada esta moi arraigado en toda a xeografia, e debemos ser os responsables de volver a situar a castaña e os soutos no lugar que ocuparon durante tantos anos.

Tristemente, nos últimos anos unironse outras pragas e enfermidades as xa coñecidas da tinta e do chancro, coma a avispilla  e o fungo Gnomoniopsis, que diezmaron as colleitas 

Dende a Asociacion Galega das Castañas 🌰 e dos Soutos 🌳🌰 somos conscientes das dificultades que atravesa o sector, dende os castañiculturos ata a industria pasando polo mercado en fresco e os asadores a pe de rúa. 

E somos sabedores da problemática das novas plantacións e dos vellos soutos, das incertezas do sector, pero consideramos ter unha posible solución: aunar esforzos todos xuntos nesta Asociación.

Segue a @castanasesoutos

sábado, 23 de noviembre de 2024

23 de novembro, Día Mundial da Castaña 🌰


23 de novembro 
Día Mundial da Castaña 🌰 

Dende a Asociación Galega das Castañas 🌰 e dos Soutos 🌳 🌰 reivindicamos o importante papel que desenvolveu a castaña, quitando a fame durante tanto anos!

E unha mágoa que un "alimento básico" quede reducido a ser un producto de tempada e aos "magostos" 

Queremos devolver aos nosos soutos e as nosas castañas parte do esplendor que nos fixeron desfrutar!

"En la antigüedad, la castaña 🌰 se consideraba un alimento básico, incluso para producir harinas y pan.

Su protagonismo se vio muy afectado por las continuas plagas sufridas por los castaños 🌳 en la Edad Media, hasta convertirse en un producto de temporada."
Fuente: @aepla_asoc

TODA GALICIA XA E IXP CASTAÑA DE GALICIA-20 de decembro de 2024

20 de decembro de 2024 Hoxe e un día único!🌳🌰👌 Conseguiuse algo historico, pois logo da creación da IXP Castaña de Galicia no ano 2009, a...