A Festa Da Pisa de Froxan mestura tradición, cultura e gastronomía, pretendendo manter viva a esencia e o valor etnográfico dunha práctica centenaria, o secado e pisado da castaña.
As castañas e os soutos son parte da historia de Galicia, incluso atreveriame a dicir historia de España, porque nunha festividade nacional coma e o día de Todos Os Santos e tradición comer castañas.
As castañas pasaron de ser un alimento básico dende a Idade media a ser denostadas por quitar a fame, e volveron a rexurdir de moitas formas, castaña cocida, pure de castaña, e incluso coma delicateseen en forma de Marron Glace, inda que so supoña o 1%. Fora como fose, o aroma inconfundible a castaña asada esta moi arraigado en toda a xeografia, e debemos ser os responsables de volver a situar a castaña e os soutos no lugar que ocuparon durante tantos anos.
Tristemente, nos últimos anos unironse outras pragas e enfermidades as xa coñecidas da tinta e do chancro, coma a avispilla e o fungo Gnomoniopsis, que diezmaron as colleitas
Dende a Asociacion Galega das Castañas 🌰 e dos Soutos 🌳🌰 somos conscientes das dificultades que atravesa o sector, dende os castañiculturos ata a industria pasando polo mercado en fresco e os asadores a pe de rúa.
E somos sabedores da problemática das novas plantacións e dos vellos soutos, das incertezas do sector, pero consideramos ter unha posible solución: aunar esforzos todos xuntos nesta Asociación.
Segue a @castanasesoutos